A Fundación Amigos de Galicia recolle curriculums para traballar na vendima
A Fundación Amigos de Galicia pon en marcha un ano máis o «Programa de Inserción Laboral» – Campaña da Vendima 2020, co principal obxectivo de conseguir a inserción de persoas con dificultades para atopar traballo.
Estas persoas traballarán en diferentes adegas da zona do Salnés que colaboran coa entidade para realizar a campaña da vendima deste ano.
Para iso, Fundación Amigos de Galicia, abriu o prazo de recepción de currículos para que as persoas interesadas presenten a súa candidatura. A ligazón de inscrición para a campaña atópase na páxina web da entidade.
As persoas interesadas tamén poden presentar a súa candidatura enviando un curriculum ao correo orientacion@fundacionamigosdegalicia.org.
O prazo de recepción estará habilitado ata o 18 de agosto.
Este programa é posible grazas á colaboración das adegas, que un ano máis mostran a súa responsabilidade social cos veciños da súa comarca e que inclúen no seu persoal a usuarios das comarcas de Pontevedra e O Salnés que están inscritos na Axencia de Colocación da Entidade.
Como consecuencia da situación actual, como medida de prevención e contención do coronavirus, este ano desde a entidade non se coordinará o desprazamento en coche compartido desde Pontevedra ou os viñedos, tal e como se fixo en anteriores campañas.
Fuente: pontevedraviva